Mór significa pedra, superor, maior. O lebor
Gabala Erren dicia que os nosos antepasados era de Escitia.Brath conduciu ao seu pobo os Gaedhil ata a Galiza en busca da
terra prometida que Caicher o druida profetizara muitos anos antes. Brath tivo un fillo chamado Breogán, un gran conquistador, Rei da Galiza
que construiu Brigantia e unha grande torre para a protexer.
Breogán
tivo dez fillos, un dos cales Bile, deulle un neto Golam que foi educado en todo tipo de sabedoría e nas artes da guerra,
pero cando chegou a idade adulta regresou a terra dos seus antepasados.
Con catro barcos partiu
ata Escitia, o seu recibimento foi caloroso e o Rei Reffloir quixo que Golam casase coa súa filla Seng coa que tivo dous fillos,
Eremon e Eber Donn. Pero co tempo Golam chegou a ter mais popularidade co propio
rei, o que causou envexa deste e acabou retandolo a un duelo, Golam venceu e foise a Exipto cos seus, , o chegar o faraón
Nectonebus fíxolle un gran recibimento e coma xa lle pasara casou outra vez coa súa filla Scota. Alí permaneceu oito anos,
e tivo coa súa nova esposa unha parella de xemelgos.
Quixo Golam entón regresar
a súa terra Galiza cos seus, o cegar, Breogán morrera e as tribos sometidas habíanse volto contra os goideles. Golam reuniu
aos superviventes, refuxiados nos bosques e nas montañas e iniciou unha contraofensiva, venceu igual co seu avó Breogán polo
que recibiu o nome de Mil, gobernou durante moitos anos ata que unha enfermidade acabou con el.
Despois as tribos volveron
a súas hostilidades con mais forza que nunca, polos que os sucesores de Golam, os seus fillos Eber Donn e Eremon tiveron que
limitarse a defender os limites da Galiza.
Entón Ith, outro fillo
de Breogan, ensinado como druída, unha noite de novembro deslumbrou unha afastada illa e ata ela embarcou con algúns homes.
Chegaron a Irlanda que entón chamábase Inis Ealga e estaba habitada polos Tuatha De Danann; estes guerreaban entre eles cando acababan cos seus inimigos, na fortaleza de Ailech, na actualidade Donegal, atopouse a tres
reis que discutían como dividirse entre eles a terra dun carto rei que morrera; Ith animounos a depoñer as armas e que aproveitasen
da vida sen loitas nesa terra tan fértil e con bo clima e díxolles: “Facede o correcto.É bo para vós manter uns lazos de irmandade.E
bo para vós mostrar boa disposición.Boa é a vosa terra e o patrimonio que habitades,moitas as súas colleitas,o seu mel,a súa
pesca,os graos.Moderado o seu calor e o seu frío.Todo isto é abondo para vós aquí."
Despois despediuse deles e volveu ós
seus barcos”, os reis entenderon nas súas palabras un desexo de conquista,
polo que lle fixeron unha emboscada cando volvía ao seu barco da que resultou mortalmente ferido,
Despois
chegaron a Hispania e ensinaron o corpo de Ith aos seus irmáns, que sentíronse doridos e anguriados pola morte que tivera.
Entón os fillos de Mil e os descendentes de Gaedhel en xeral pensaron que o máis xusto e doado sería que foran a vingar a
morte do seu irmán ó pais dos Tuatha De Dannan.
Así o decidiron ao final, e chamaron a tódolos seus
guerreiros e homes de valor por tódolos sitios onde se atopaban , por tódalas terras e lugares , hasta que reuníronse en Brigantia
en gran cantidade e ben pertrechados. Entón, os fillos de Mil, cos seus irmáns e familiares e a súa xente en xeral embarcáronse
nos seus barcos con rumbo a Irlanda para vingar a mala acollida que tiveran dos Tuatha De Dañan..
A primaveira seguinte partiron de Brigantia 5 barcos
con 40 xefes guerreiros, as súas mulleres e servidume, entre eles Amergin fillo de Golam.
Ao chegar
o 1 de maio, os Tuatha de Danann fixéronse os ofendidos polo ataque de improviso polo que Amergin determinó que afastarían
os seus barcos a unha distancia de nove ondas e despois atacarían; entón os druídas provocaron unha tormenta máxica que dispersou
os barcos mar adentro, Amergin conseguiu parar a tempestade invocando o espírito da terra de Irlanda, con quen había contactado
con anterioridade.cando se lle apareceu Eiriña a Amerguín faloulles así: "Guerreiros ,sodes benvidos.A vosa chegada fora profetizada
hai moito tempo.Vosa será a illa para sempre.Non existe unha illa mellor no mundo.Ningunha tribo será máis perfecta que a
vosa,pero non teredes o control sobre a illa,nin tampouco os vosos fillos.É un regalo para min,!Fillos de Mil! !Fillos
de Breoghan! Para que o meu nome permaneza sempre sobre esta illa.
Amerguín
aseguroulle "Ese será o seu nome pra sempre"
Todos salváronse excepto Donn e os do seu barco os cales serian tragados
polas augas tras xurar que mataría a tódolos habitantes da illa.
Os Tuatha de Danann serian derrotados por Sliabh
Mis en Tailtiu, pasando os superviventes a vivir no sidhe, algo así coma o mundo subterráneo ao que se accedía a través dos
dolmens e outro tipo de edificios da mais remota antigüidade que había nas cerros.
Pola súa parte os Fillos de Mil quedaron gobernados
polos seus irmáns Eremon e Eber Donn, que non lograron pórse dacordo e dividiron o norte da illa para un e o sur para o outro.
E esta invasión seria a derradeira, xa que non houbo mais pragas
nin outros invasores ata moitos anos despois polos viquingos e os normandos, polo que os Fillos de Mil procedentes da Galiza
serian os antecesores dos Irlandeses actuais.´
É esta é a raiz do nosso pobo